XURÉS SON

Festival cultural e musical da Serra do Xurés.

Xurés son

26 de setembro de 2026

Agardámoste na Parroquia de Grou, sita no Concello de Lobios (Ourense)


O Festival Xurés Son nace coa vontade de converter o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés nun punto de encontro para a música, a cultura e a convivencia. Nun espazo natural único, o festival reúne artistas de diferentes estilos e xeracións para ofrecer unha experiencia que vai máis alá dos concertos, creando unha conexión especial entre o público, a paisaxe e a identidade do territorio.

A programación de Xurés Son combina propostas musicais emerxentes e consolidadas, apostando pola diversidade artística e pola creación contemporánea sen esquecer as raíces culturais que definen a nosa terra. O festival busca ser unha plataforma para descubrir novos talentos e, ao mesmo tempo, un escaparate para artistas de referencia dentro e fóra de Galicia.

Nesta edición do 2026 contaremos coa participación de propostas tan interesantes como SES, LG1DO, LAW, KID MOUNT, TAPA DÓRELLA, que compartirán escenario coa música tradicional local de RAMPEIROS e os Dj,s Manu Grou, Kike Ramos e Family.

Locallización:

Chegar ao Xurés Son é moi sinxelo.

Busca en MAPS Festival Xurés Son ou accede ao seguinte enlace:

https://maps.app.goo.gl/subHpQQhbxkWc8hr5

Suscríbete

Xurés Son é ante todo comunidade

Un evento que promove a cultura de raíz e aposta pola dinamización da Serra do Xurés mediante un festival comprometido coa contorna.

Xurés Son é Música, comunidade, natureza, etnografía, gastronomía e natureza.

Leer más: Actualidade

SIGUENOS EN REDES SOCIAIS. ESTAMOS EN INSTAGRAM E EN FACEBOOK (@xures_son)

https://www.facebook.com/share/1En2Wb3RgV

https://www.instagram.com/xures_son?stkn=ODNrd3R2eGFvajVs